Entradas

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
O alumnado de 5º de Primaria do noso centro estivo a preparar a conmemoración do día de Rosalía de Castro, e para iso crearon, entre outras actividades,  un podcast resaltando os aspectos máis importantes da vida desta escritora galega que marcou unha época de cambio nun momento histórico complexo. Para iso, simularon unha entrevista onde a partir de  diferentes preguntas, aa propia Rosalía nos contesta todo con todo luxo de detalles Música de fondo libre de dereitos e imaxe creada con IA (ChatGPT). https://go.ivoox.com/rf/168892611

O CANCRO INFANTIL E AS ASOCIACIÓNS COMO CRIS CONTRA O CANCER OU BICOS DE PAPEL

Imagen
O alumnado de  1º da ESO traballou sobre o que significa o cancro infantil e sobre algunhas das asociacións que colaboran cos pacientes e familias os que lles toca pasar por isto na súa vida. É unha batalla de titáns, pero coa axuda destas asociacións, existen momentos que se ven dende outra perspectiva.   https://go.ivoox.com/rf/168892599 A música foi creada con intelixencia artificial (suno AI) e a imaxe con ChatGPT.

AS NORMAS DO MECO

Imagen
Xa está aquó o entroido e comeza a algarabia. Aqui vos deixamos as normas do Meco, cunha alegria para cada día. O alumnado de 1º de Ed. Primaria fixo un traballo excepcional preparandoas para compartir con todos nos. O entroido xa comezou¡¡¡  Celebrao co Meco de Santa Cristina¡¡¡ https://go.ivoox.com/rf/168049332 MÚSICA CREADA CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL (SUNO E CHATGPT)

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER NA CIENCIA (11/02/26)

Imagen
Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia , o alumnado de 4º da ESO participou nun proxecto moi especial: a creación dun podcast co que quixeron render homenaxe ás mulleres que, ao longo da historia e tamén na actualidade, contribuíron de maneira decisiva ao avance científico. Neste podcast, o alumnado investiga, reflexiona e comparte historias de científicas que non sempre tiveron o recoñecemento que merecen, poñendo o foco na importancia de visibilizar referentes femininos no ámbito da ciencia e da tecnoloxía. Ademais, o traballo serviu para desenvolver competencias comunicativas, espírito crítico e traballo en equipo, todo desde unha mirada comprometida coa igualdade. O resultado é un programa cheo de curiosidades, datos interesantes e moita ilusión, feito desde a voz e a mirada do noso alumnado. Animámosvos a escoitalo , a compartilo e a reflexionar xunto a nós sobre a importancia de seguir abrindo camiños para que máis nenas e mozas poidan ver...

PODCAST do día da paz dos rapaces de 4º de primaria.

 Invitámosvos a escoitar este interesante podcast do día da Paz dos rapaces de 4º de Primaria.Esperamos que o disfrutedes moito. https://go.ivoox.com/sq/3102061

O alumnado de 3 anos contannos as súas vacacións de nadal

Imagen
No podcast de hoxe, os nenos e nenas de 3 anos vannos contar o que fixeron durante as vacacións de nadal. Non perdades detalle xa que fixeron cousas moi interesantes!! Agardamos que vos guste. Aquí vos deixamos o enlace para que o poidades escoitar. https://go.ivoox.com/sq/3099314 Un saúdo.

4ºED. SECUNDARIA NOS FALA NUNHA ENTREVISTA MOI PERSOAL DA SÚA EXPERIENCIA NAS BECAS DO CONCELLO DE VIGO

Imagen
  4 alumnos do noso centro disfrutaron durante este ano dunha estancia no estranxeiro para mellorar o seu inglés. Coma nos resulta moi complexo que todos expoñan a súa experiencia e que chegue a futuros participantes desta beca, fixemos unha entrevista moi especial.  ´Cabe salientar que o grupo de 4º da ESO tamén está de estrea coa radio, polo que é moi normal sentirse nervioso, e ainda máis cando estás a falar nunha entrevista. Non perdades detalle da súa experiencia¡¡ https://go.ivoox.com/rf/164877181 Music by  Mike Kripak  from  Pixabay Imágenes creadas con IA (Gemini 3.0)