Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2026

ENTROIDO SEGUNDO O ALUMNADO DE 5 ANOS

Imagen
Os nenos e nenas de 5 anos tamén se converteron en grandes comunicadores no noso podcast. Nesta ocasión, faláronnos dunha das festas que máis lles gusta… ¡o Entroido! Contáronnos cando se celebra esta festa tan divertida, que ten lugar antes da Coresma e que en moitos lugares, como en Galicia, se vive con moita alegría e tradición. Os nosos pequenos explicaron de que se disfrazaron: había superheroes, animais, princesas, personaxes divertidos… ¡e todos estaban guapísimos!  Tamén falaron dalgúns dos Entroidos máis coñecidos de Galicia, como o de Verín , o de Laza ou o de Xinzo de Limia , onde as celebracións son moi especiais e están cheas de tradicións. Tamén comentaron algunhas das comidas máis típicas. Pero o mellor é escoitar toda esta información coas súas voces. Aquí queda o enlace deste podcast¡¡¡ Pasamolo xenial grabándoo¡¡¡¡   https://go.ivoox.com/rf/171651291 Música xenerada con Suno AI.

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
O alumnado de 5º de Primaria do noso centro estivo a preparar a conmemoración do día de Rosalía de Castro, e para iso crearon, entre outras actividades,  un podcast resaltando os aspectos máis importantes da vida desta escritora galega que marcou unha época de cambio nun momento histórico complexo. Para iso, simularon unha entrevista onde a partir de  diferentes preguntas, aa propia Rosalía nos contesta todo con todo luxo de detalles Música de fondo libre de dereitos e imaxe creada con IA (ChatGPT). https://go.ivoox.com/rf/168892611

O CANCRO INFANTIL E AS ASOCIACIÓNS COMO CRIS CONTRA O CANCER OU BICOS DE PAPEL

Imagen
O alumnado de  1º da ESO traballou sobre o que significa o cancro infantil e sobre algunhas das asociacións que colaboran cos pacientes e familias os que lles toca pasar por isto na súa vida. É unha batalla de titáns, pero coa axuda destas asociacións, existen momentos que se ven dende outra perspectiva.   https://go.ivoox.com/rf/168892599 A música foi creada con intelixencia artificial (suno AI) e a imaxe con ChatGPT.

ANÁLISE DA TOMA DE DATOS DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA DURANTE A 1º AVALIACIÓN.

Imagen
O alumnado de 2º da ESO preséntanos un novo episodio do noso canle de P de Podcast, no que comparten a súa experiencia como responsables da toma de datos da estación meteorolóxica do centro. Neste podcast, explican o que supuxo para eles asumir esta responsabilidade, encargándose de recoller información sobre o tempo atmosférico de maneira sistemática e rigorosa. Ademais, afondan no proceso de análise dos datos obtidos, interpretando resultados e aprendendo a sacar conclusións a partir da observación directa. Tamén reflexionan sobre os erros ou fallos que puideron xurdir durante o proceso, entendéndoos como parte fundamental da aprendizaxe. Un dos aspectos máis destacados do episodio é a súa valoración da participación no proxecto MeteoEscolas, que lles permitiu achegarse á ciencia dun xeito práctico, desenvolvendo habilidades como a responsabilidade, o traballo en equipo e o pensamento crítico. O alumnado realiza unha reflexión moi interesante sobre a importancia de participar en inic...

AS NORMAS DO MECO

Imagen
Xa está aquó o entroido e comeza a algarabia. Aqui vos deixamos as normas do Meco, cunha alegria para cada día. O alumnado de 1º de Ed. Primaria fixo un traballo excepcional preparandoas para compartir con todos nos. O entroido xa comezou¡¡¡  Celebrao co Meco de Santa Cristina¡¡¡ https://go.ivoox.com/rf/168049332 MÚSICA CREADA CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL (SUNO E CHATGPT)

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER NA CIENCIA (11/02/26)

Imagen
Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia , o alumnado de 4º da ESO participou nun proxecto moi especial: a creación dun podcast co que quixeron render homenaxe ás mulleres que, ao longo da historia e tamén na actualidade, contribuíron de maneira decisiva ao avance científico. Neste podcast, o alumnado investiga, reflexiona e comparte historias de científicas que non sempre tiveron o recoñecemento que merecen, poñendo o foco na importancia de visibilizar referentes femininos no ámbito da ciencia e da tecnoloxía. Ademais, o traballo serviu para desenvolver competencias comunicativas, espírito crítico e traballo en equipo, todo desde unha mirada comprometida coa igualdade. O resultado é un programa cheo de curiosidades, datos interesantes e moita ilusión, feito desde a voz e a mirada do noso alumnado. Animámosvos a escoitalo , a compartilo e a reflexionar xunto a nós sobre a importancia de seguir abrindo camiños para que máis nenas e mozas poidan ver...