ANÁLISE DA TOMA DE DATOS DA ESTACIÓN METEOROLÓXICA DURANTE A 1º AVALIACIÓN.

O alumnado de 2º da ESO preséntanos un novo episodio do noso canle de P de Podcast, no que comparten a súa experiencia como responsables da toma de datos da estación meteorolóxica do centro.

Neste podcast, explican o que supuxo para eles asumir esta responsabilidade, encargándose de recoller información sobre o tempo atmosférico de maneira sistemática e rigorosa.

Ademais, afondan no proceso de análise dos datos obtidos, interpretando resultados e aprendendo a sacar conclusións a partir da observación directa. Tamén reflexionan sobre os erros ou fallos que puideron xurdir durante o proceso, entendéndoos como parte fundamental da aprendizaxe.

Un dos aspectos máis destacados do episodio é a súa valoración da participación no proxecto MeteoEscolas, que lles permitiu achegarse á ciencia dun xeito práctico, desenvolvendo habilidades como a responsabilidade, o traballo en equipo e o pensamento crítico.

O alumnado realiza unha reflexión moi interesante sobre a importancia de participar en iniciativas deste tipo, que conectan a aprendizaxe coa realidade e fomentan o interese pola ciencia.

Sen dúbida, un podcast moi enriquecedor que amosa todo o que se pode aprender cando se investiga, se observa e se reflexiona.

¿A que esperas para escoitalo?



https://go.ivoox.com/rf/171653371

Comentarios

Entradas populares de este blog