ENTROIDO SEGUNDO O ALUMNADO DE 5 ANOS

Os nenos e nenas de 5 anos tamén se converteron en grandes comunicadores no noso podcast. Nesta ocasión, faláronnos dunha das festas que máis lles gusta… ¡o Entroido!

Contáronnos cando se celebra esta festa tan divertida, que ten lugar antes da Coresma e que en moitos lugares, como en Galicia, se vive con moita alegría e tradición.

Os nosos pequenos explicaron de que se disfrazaron: había superheroes, animais, princesas, personaxes divertidos… ¡e todos estaban guapísimos! 

Tamén falaron dalgúns dos Entroidos máis coñecidos de Galicia, como o de Verín, o de Laza ou o de Xinzo de Limia, onde as celebracións son moi especiais e están cheas de tradicións. Tamén comentaron algunhas das comidas máis típicas.



Pero o mellor é escoitar toda esta información coas súas voces.

Aquí queda o enlace deste podcast¡¡¡

Pasamolo xenial grabándoo¡¡¡¡

 https://go.ivoox.com/rf/171651291

Música xenerada con Suno AI.

Comentarios

Entradas populares de este blog