Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

3º ESO INVESTIGA SOBRE O SAMAÍN

Imagen
O alumnado de 3º da ESO dentro da súa titoría traballou por equipos a temática do Halloween /Samaín. Para iso, elaboraronse diferentes actividades, pero unha delas consistía na elaboración dun podcast coa información obtiva. Ainda que o alumnado ten máis experiencia falando en público, a inquedanza de falar diante dun micro pasa factura. Pero está claro que desta experiencia aprenderon un montón de cousas relacionadas tanto co Samaín, coma do funcionamento e recomendacións sobre a radio do centro.  Deixamos o enlace para que poidades escoitar o novo episodio. https://go.ivoox.com/rf/161903888

METEOROLOXÍA DO MES DE SETEMBRO COA RADIO DO CPR SANTA CRISTINA

  O alumnado de 1º da ESO que participou o curso pasado no concurso Ecopreguntoiro, colaborou coa posta en marcha da nosa radio escolar. Ainda a estamos calibrando e aprendendo a usar, pero estamos moi ilusionados de ver o resultado do noso traballo. Nesta ocasión a profesora Gladis realizou un guión que o mellorou con axuda da intelixencia Artificial, para que logo nos disfrutáramos do proceso de grabación. Foi unha experiencia marabillosa e chea de anécdotas Deixamos o enlace para que poidades escoitar o podcast. Mentres nos seguiremos traballando para poder mellorar o son e a nosa dicción.  Este ano estará cheo de aportacións da meteoroloxía na radio. PODCAST:       https://go.ivoox.com/rf/160525982