23 DE MARZO. DÍA METEOROLÓXICO INTERNACIONAL

 O alumnado de 3º da ESO volve sorprendernos cun novo episodio do noso P de Podcast, nesta ocasión dedicado á conmemoración do Día Meteorolóxico Mundial.

Neste interesante podcast, o alumnado explica que se celebra nesta data e desde cando se conmemora, achegándonos á importancia da meteoroloxía no noso día a día e na comprensión do clima.

Ademais, fan un percorrido polas diferentes actividades que estamos a desenvolver no centro en cada unha das etapas educativas, amosando como todo o alumnado participa e aprende arredor deste tema.

Un dos puntos máis destacados é a súa colaboración co proxecto MeteoEscolas, a través do cal o centro traballa na observación e estudo do tempo atmosférico, fomentando a curiosidade científica e o aprendizaxe práctico.

Tamén presentan outros proxectos xerais do colexio, como a creación da nosa propia lista de reprodución na plataforma Spotify, unha iniciativa que une música e aprendizaxe, e que forma parte da vida diaria do centro.

O alumnado realizou unha excelente síntese de todas as actividades levadas a cabo, demostrando a súa capacidade de análise, organización e comunicación.

Sen dúbida, un podcast moi completo e interesante que paga a pena escoitar.


https://go.ivoox.com/rf/171653285




Música xenerada con Suno AI.

Comentarios

Entradas populares de este blog