O DÍA DA MULLER TRABALLADORA SEGUNDO A VISIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
O alumnado de Infantil quedou encantado coa radio, que volveu visitar a radio do colexio para grabar un novo programa de P de podcast cun episodio moi especial dedicado ao Día Internacional da Muller Traballadora.
A través das preguntas das súas profesoras, os nenos e nenas foron capaces de poñer en valor ás mulleres máis importantes das súas vidas. Con moito agarimo, foron nomeando ás súas nais, avoas, tías, madriñas… todas elas persoas moi especiais para eles
Durante o podcast, compartiron por que son tan importantes: porque os coidan, os axudan, xogan con eles, lles contan contos ou simplemente porque lles dan moito cariño.
Tamén nos contaron algunhas das cousas que máis lles gusta facer con elas: pasear, xogar no parque, cociñar xuntos, ver debuxos ou ler antes de durmir. Pequenos momentos que, sen dúbida, son moi grandes para eles.
Foi unha actividade moi emotiva na que o alumnado puido expresar os seus sentimentos e aprender a valorar o papel das mulleres no seu día a día.
Sen dúbida, un podcast cheo de tenrura, palabras bonitas e moito amor .
https://go.ivoox.com/rf/171653236
Música xenerada con Suno AI.

Comentarios
Publicar un comentario