10 ABRIL. DÍA DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA

O alumnado de 2º da ESO súmase de novo a nosa canle de podcast cun novo episodio de P de Podcast , nesta ocasión cun episodio dedicado á conmemoración do Día da Ciencia e a Tecnoloxía.

Neste podcast, o alumnado reflexiona sobre a importancia da ciencia e da tecnoloxía na nosa vida diaria, explicando como están presentes en moitos dos avances que melloran o noso día a día, dende a comunicación ata a medicina ou o transporte.

Ao longo do episodio, tamén destacan o papel fundamental da investigación e da curiosidade científica, animando a observar, facer preguntas e buscar respostas para comprender mellor o mundo que nos rodea.

Ademais, comparten algunhas das actividades e proxectos que están a desenvolver no centro relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, demostrando como a aprendizaxe pode ser práctica, creativa e moi motivadora.

O alumnado de 2º da ESO realizou un gran traballo de síntese e divulgación, achegando contidos interesantes dunha maneira clara e amena para toda a comunidade educativa.

Sen dúbida, un podcast que nos invita a seguir descubrindo, experimentando e aprendendo cada día.

¿A que esperas para escoitalo?



Música xenerada con Suno AI.


Comentarios

Entradas populares de este blog