7 ABRIL. DÍA DA SAÚDE

 O alumnado de 3º da ESO preséntanos un novo episodio do noso  P de podcast, nesta ocasión centrado na conmemoración do Día Mundial da Saúde.

Ao longo do podcast, explican que se celebra nesta data e a importancia de coidar a nosa saúde en todos os ámbitos, tal e como promove a Organización Mundial da Saúde.

O máis interesante deste episodio é a recompilación de bos hábitos e costumes que o alumnado propón para mellorar o noso benestar diario. Falan da importancia de manter unha alimentación equilibrada, realizar actividade física con regularidade, descansar ben e coidar tamén a saúde mental.

Ademais, destacan a necesidade de manter relacións sociais positivas, xestionar as emocións e dedicar tempo a actividades que nos fagan sentir ben, entendendo a saúde como un estado completo de benestar físico, mental e social.

O alumnado conseguiu facer unha excelente síntese de recomendacións útiles e fáciles de aplicar no día a día, demostrando unha gran capacidade de reflexión e compromiso co seu propio benestar e o dos demais.

Sen dúbida, trátase dun podcast moi necesario que nos invita a parar e pensar: ¿estamos coidando realmente a nosa saúde?


https://go.ivoox.com/rf/171653319

Música xenerada con Suno AI.


Comentarios

Entradas populares de este blog