DO ESCENARIO AO MICRÓFONO: 3º EP CONQUISTA O PODCAST CO SEU TEATRO EN DIRECTO

O alumnado de 3º de Educación Primaria sorprendeunos cunha proposta moi especial no noso canal de podcast: a realización dunha obra de teatro en rigoroso directo. Cun gran traballo de preparación, interpretación e coordinación, os nenos e nenas converteron os micrófonos nun auténtico escenario sonoro.

Ao longo do podcast, deron vida aos personaxes, puxeron emoción ás escenas e demostraron a súa creatividade e expresión oral, facendo gozar a todas as persoas que o escoiten.

Parabéns ao alumnado de 3º EP polo seu esforzo e entusiasmo. Con iniciativas coma esta, seguimos aprendendo, creando e compartindo experiencias únicas. Non perdades a oportunidade de escoitalos no noso canal de podcast!




Comentarios

Entradas populares de este blog