PODCAST SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17/5/26)

 As Letras Galegas 2026: homenaxe a Begoña Caamaño

O ano que acaba de alborexar trae consigo unha nova celebración das Letras Galegas, dedicada nesta ocasión á escritora, xornalista e activista Begoña Caamaño, unha figura fundamental da cultura galega contemporánea. Coa súa obra e o seu compromiso coa lingua e coa igualdade, Begoña deixou unha pegada fonda na literatura e na sociedade galega.

Dende o noso centro quixemos sumarnos a esta homenaxe dun xeito moi especial. O alumnado de 5º de Educación Primaria preparou un podcast no que descubrirán a súa vida, a súa traxectoria e algunhas das achegas máis importantes da autora. Un traballo realizado con moita ilusión, creatividade e ganas de seguir aprendendo sobre as nosas letras e a nosa cultura.

Con este proxecto, ademais de coñecer mellor a figura de Begoña Caamaño, o alumnado achegouse ao mundo da comunicación e do podcast, converténdose por uns días en auténticos xornalistas e locutores. Agardamos que desfrutedes tanto escoitándoo como eles preparándoo!


https://go.ivoox.com/rf/173693649


IMAXE CREADA CON IA (CHAT GPT)



Comentarios

Entradas populares de este blog