RESUMO DAS ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN METEOROLÓXICAS EN 1º ESO
Aprendendo, creando e descubrindo
Neste podcast, o alumnado de 1º da ESO fai un percorrido polas diferentes actividades realizadas nas materias de Tecnoloxía e Dixitalización e Bioloxía e Xeoloxía.
Ao longo deste episodio comparten as experiencias vividas, os proxectos desenvolvidos e os coñecementos adquiridos, demostrando como a ciencia e a tecnoloxía permiten observar, comprender e transformar o mundo que nos rodea. Desde a exploración da natureza ata a creación de solucións tecnolóxicas, cada actividade supuxo unha oportunidade para investigar, experimentar, colaborar e aprender de maneira activa.
Convidamos a toda a comunidade educativa a escoitar este podcast e a descubrir o traballo, a creatividade e a ilusión que o alumnado puxo en cada unha destas propostas.
Agardamos que desfrutedes desta nova entrega e que vos anime a seguir descubrindo todo o que se aprende dentro e fóra da aula. Boa escoita!

Comentarios
Publicar un comentario